Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Febreiro 2026.

SINDICALISTAS FEMINISTAS fronte ao negoacionismo e o odio

    25/02/2026.
    Temas
    Mnaifestación do 8M de 2025.

    Mnaifestación do 8M de 2025.

    As Confederacións Sindicais de CCOO e UGT, ante este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, día en que a nosa voz e a nosa forza como sindicalistas feministas se une ás das mulleres que en todo o Estado e por todo o mundo se manifestan, reivindicando e loitando polos seus dereitos e pola igualdade efectiva, MANIFESTAMOS:

    que nos comprometemos de xeito firme e irrenunciable a acelerar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nos coidados e a erradicación das violencias machistas en todos os esferas da vida, especialmente nas relacións laborais, ámbito que nos concirne como establece a normativa.

    Estes principios feministas nutren a nosa actividade nos centros de traballo e a nosa interlocución social, alí onde estamos, día a día, como compromiso inquebrantable do sindicalismo feminista de clase e confederal.